Select Page
Impacto emocional COVID-19

Impacto emocional COVID-19

Webinar ISSGA Covid

Data do webinar:

22 xuño 2021

}

Hora de comezo:

10:30 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

A Covid non soamente está a atentar contra a nosa saúde física ou a nosa economía, tamén está a supoñer un prexuízo para a nosa saúde mental. 

Un estado de ánimo que vén dado polo medo ao contaxio, o aumento das noticias negativas, a falta de contacto coa nosa contorna ou a incerteza ante unha situación tan cambiante. Estes factores representan unha sintomatoloxía que está relacionada máis coa fatiga mental e psicolóxica que coa fatiga física. 

Neste webinar, realizado en colaboración con Fraternidad-Muprespa, veremos as emocións e estados de ánimo que nos provocou a COVID 19, a través de exemplos de persoas reais e daremos claves e ferramentas para soportar mellor esta situación.

k

Proceso de inscrición pechado.

A prevención de riscos laborais na PEME: unha actitude preventiva salva vidas

A prevención de riscos laborais na PEME: unha actitude preventiva salva vidas

Webinar_PEME_xuno

Data do webinar:

15 xuño 2021

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

 Este webinar, realizado en colaboración con Asepeyo, abordará a problemática do cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais na pequena e mediana empresa así como a importancia de implicar aos xestores laborais daquelas para que motiven aos seus clientes a cumprir coa súas obrigas preventivas.

A organización desta actividade formativa baséase na sinistralidade e obrigas legais da PEME, avaliando a situación actual así como a evolución no cumprimento dende que a Lei de prevención de riscos laborais comezou a súa andaina.

Nesta acción de información e sensibilización indicaranse as pautas para mellorar a compresión e a toma de conciencia sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo e os seus aspectos clave, así como as competencias para un desenvolvemento eficaz neste ámbito.

k

Proceso de inscrición pechado.

Empresa saudable. Prevención das enfermidades cardiovasculares e o ictus

Empresa saudable. Prevención das enfermidades cardiovasculares e o ictus

Empresa saudable

Data do webinar:

25 maio 2021

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

Realizado en colaboración con Ibermutua.

O custo persoal, social e laboral das enfermidades e accidentes cardio e cerebrovasculares supón máis do 10% do gasto sanitario público de España e é a primeira causa de discapacidade no adulto.

Para as empresas é tamén un custo moi elevado en termos de baixas laborais, adaptacións de postos de traballo, indemnizacións, rotacións, etc. por non falar do custo humano que representa esta enfermidade nas empresas.

A información é clave na prevención, esta actividade ten como obxectivo “informar para previr” e contribuír a apoiar esta liña de sensibilización no ámbito da saúde laboral do tecido empresarial galego.

k

Proceso de inscrición pechado.

Coñece o máis destacado da norma de seguridade e saúde ISO 45005

Coñece o máis destacado da norma de seguridade e saúde ISO 45005

ISSGA ISO45005

Data do webinar:

10 maio 2021

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

Videoconferencia
i

Descargar documentación

Vídeo do evento

No webinar, realizado en colaboración con FREMAP, analizarase a estrutura da nova ISO/ PAS publicada, así como os puntos máis relevantes da mesma.

Dada a situación sanitaria actual, esta norma adopta un enfoque de sistema de xestión normalizado, facilitando deste xeito a coordinación de esforzos e recursos para a xestión da pandemia polo SARS-CoV-2 co fin de minimizar os riscos mediante unha resposta áxil e eficaz. 

O seu obxectivo é diminuír a transmisión do virus e garantir a seguridade das persoas traballadoras e partes interesadas (traballadores propios e subcontratados, grupos vulnerables, clientes, público, etc.), adaptándose e aplicando as mellores prácticas para cumprir coas esixencias das autoridades, proporcionando pautas para xestionar os riscos derivados da COVID-19.

k

Proceso de inscrición pechado.

Uso de novas tecnoloxías en PRL: drons

Uso de novas tecnoloxías en PRL: drons

ISSGA Evento - Drons

Data do webinar:

3 maio 2021
}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

Os drons estanse a incorporar progresivamente á nosa vida diaria e a súa regulación está a ser actualizada con base na nova normativa da unión europea, polo este tema resulta neste momento de máxima actualidade.

As publicacións que elaboramos e presentamos neste webinar son as seguintes:

  • Guia de boas prácticas: PRL no uso de drons
  • Innovación en PRL: emprego de drons en actividades profesionais 

Nelas analízanse os novos retos e as posibilidades que se abren, no ámbito da PRL,  coa introdución do uso de drons no ámbito laboral, cun dobre obxectivo: por unha banda, considerar o dron como un equipo, e polo tanto, levar asociada a PRL no seu manexo e, pola outra, divulgar as posibilidades da utilización de drons en diferentes utilidades con fins preventivos.

k

Proceso de inscrición pechado.